Cantina Río Covés

A tua Cantina, restaurante e aloxamento en Pontedeume

A nosa historia

E o avó volveu das Américas ao seu lugar, ao esteiro do río, despois de ver mundo, dedicarse ás fermosas madeiras do Trópico e construír barcos: Os últimos barcos de vapor que se construirían nos anos corenta.

Nesa época no antigo varadoiro do Río Covés, o noso avó botaba o último vapor que de alí sairía, o “Dos Amigos”. Anos máis tarde, sobre os mesmos piares, os seus fillos levantarían unha casa que durante cincuenta anos foi: Estanco, cantina, e almacén de sal.

Fai 25 anos que recuperamos a vella casa familiar buscando a postal feliz da que foi a nosa infancia no vello Esteiro do Covés e invitámosvos a compartir mesa cun anaco de historia da nosa terra, os sabores de antano e os mellores produtos tradicionais galegos xunto cunha selección de recoñecidos viños da terra.

fotos antiguas de un barco y el río Covés
Terraza del restaurante

Os nosos espazos

- Restaurante

- Terraza

- Cantina

A nosa cociña

Unha cociña sinxela e de tempada, onde os protagonistas son os produtores da zona e os seus produtos.

Goza da Costrada, un prato típico medieval de Pontedeume do que nos sentimos especialmente orgullosos de que quede do receitario familiar.

Costrada
Mesa decorada con flores y cubertería

Celebra con nós


- Comunións

- Bautizos

- Vodas

- Reunións

- Xantares e ceas de empresa

Aloxamento

En Cantina Río Covés atoparás tamén O Balcón do Eume, o noso pequeno aloxamento turístico con encanto.

Fachada del alojamiento

O que opinan de nós

Angel Vaiga


Lugar moi acolledor, tiñan a cheminea acendida e a temperatura no interior moi agradable. A terraza é espectacular e sen dúbida para gozar dela con bo tempo.

Lucia Garcia Castro


Moi boa atención e amabilidade. O menú moi bo e a localización e instalacións non poden ser mellores. Moi recomendable.

Eve R


Un lugar acolledor cun fermoso xardín e persoal amable.

Recomendado entre os máis bonitos da zona.

German Lago


Xantamos alí ao mediodía. Boa relación calidade-prezo, boa atención da camareira e comida moi rica. E unha boa zona de terraza para tomar despois o café e os chupitos. Recomendable.

Onde
  atoparnos

Icono linal de un pin de ubicación

Estrada Esteiro, 9, 15609 Pontedeume, A Coruña 

Icono linal de un reloj

Luns: Pechado
Martes: 10:00–21:00
Mércores: 10:00–21:00
Xoves: 10:00–21:00
Venres: 10:00–23:00
Sábado: 10:00–23:00
Domingo: 10:00–21:00