A gastronomía tradicional do Eume que tratamos de reflectir na nosa cociña, siempre estivo moi influenciada pola excelente situación xeográfica da comarca: o río, a montaña e as rías.

slider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Coma diría Xurxo Souto: “Trátase dun periplo poderoso e fraternal polo mellor do Mar. Unha viaxe por veces insólita, e mística case sempre cara o peirao do Muro”. Non obstante, aquí sempre concedimos un protagonismo especial os produtos do mar, que son obtidos cunha frescura y calidade inigualábel. Esa mesma riqueza permítenos ofrecerlle peixes que habitualmente no se atopan no mercado, como o San Martiño, a solla, e a lubina salvaxe que acompañamos con arroz. As sardiñas, outro clásico da gastronomía popular do país, ocupa un lugar preferente na carta e se cociña seguindo as receitas antigas (abertas,salgadas y secadas ao sol) parrochas do fume –pequenas sardiñas secas e afumadas con arume de pino e sementes de eucalipto – e o bacallao,… sempre presente nas  nosas mesas.
Pero se hai algo que degustar na nosa mesa eso e a costrada. A tradición di que a receita da Costrada trouxose de Italia fai 300 anos polos monxes agustinos. E quizais o produto mais representativo dos pratos de Pontedeume. Consistente en varias láminas de masa entre as que se intercalan varias capas de carnes, peixes e mariscos, conseguindo así unha sorte de empanada de varios pisos. Na Cantina Río Covés sentímonos especialmente orgullosos da recuperación da memoria familiar cunha receita con tanto sabor tradicional coma esta.
A morcilla doce con piñóns… un clásico dos produtos que xurden das nosas matanzas e que acompañado de pementos do Couto,son un dos nosos pratos mais sinxelos e saborosos.
Os grelos de Monfero que se usan no caldo galego forman parte da cociña tradicional da comarca. Esta verdura pódese atopar como acompañamento en varios pratos coma o polbo con grelos, o lacón con grelos, ou os mesmos revoltos de setas ou con gambas.
A hora das sobremesas e difícil de olvidar grazas, entre outras exquisiteces que realiza Chucha, ao Requeixo que se elabora nesta zona dende vello e ten os seus orixes nos gandeiros, que transmitiron, de xeración en xeración a técnica para facer este derivado lácteo.
A Torta de requeixo e doce de mazá,Charlota de mazá e crema,Torta de toffe e a nosa recreación da tradicional Torta de Santiago con froitos secos,dátiles con mel e incluso cabelos de anxo,Torta de queixo que se funde delicadamente no padal son algúns das nosas coas que se poderá deleitar a calquera hora do día.

Cláusula informativa LOPD y LSSI-CEPolítica de cookiesPolítica de privacidad redes sociales